Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46413

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 23 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Programa de axudas ás aceleradoras privadas de apoio ao emprendemento innovador, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN856A).

BDNS (Identif.): 318931.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas con domicilio social ou cun centro de traballo en Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas dirixidas ás aceleradoras privadas de innovación, co obxecto de fomentar o servizo que prestan aos emprendedores, pemes, start ups ou spin offs innovadoras en Galicia, mediante un programa de aceleración nas etapas temperás, proporcionando formación a través dunha rede de titorización de expertos, infraestruturas, asesoramento intensivo e capital semente.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

O importe total da convocatoria é de 500.000,00 euros coa seguinte distribución por anos:

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Total (€)

100.000

400.000

500.000

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación
P.S. (Orde do 8.7.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria