Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (918/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 918/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Fremap contra Recoge Galicia de Gestión, S.L., José Antonio Otero Amor, INSS e TXSS, sobre Seguridade Social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 918/2014 sendo parte nel, dunha parte como demandante Mutua Fremap, representada polo letrado Javier Balo Couto, e como demandados INSS e TXSS, representados pola letrada María del Carmen García Sánchez, Recoge Galicia Gestión, S.L., que non comparece, e José Antonio Otero Amor, que non comparece, sobre responsabilidade empresarial e reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola Mutua Fremap contra os demandados INSS, TXSS, José Antonio Otero Amor e Recoge Galicia de Gestión, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Recoge Galicia de Gestión, S.L, no aboamento dos gastos de asistencia sanitaria anticipados pola mutua demandante como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo traballador, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS en caso de insolvencia empresarial; en consecuencia, condeno a empresa demandada con carácter principal e o INSS e TXSS co carácter subsidiario que se dixo, se é o caso, a reintegrarlle á mutua demandante 1.890,38 €.

Notifíqueselle esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o que deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Recoge Galicia de Gestión, S.L. e a José Antonio Otero Amor, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza