Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45876

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1538/2015).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 1538/2015

Procedemento orixe:

Sobre outros familia incidentes

Demandante: María del Carmen Nogueira Salgado

Procuradora: Ana María Lopez Calvete

Avogada: Paula Gómez Justo

Demandado: Sagar Sow Sow

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza do 10 de maio de 2016, cuxo encabezamento e decisión literalmente copiados din:

«Sentenza número 616/2016.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego

Ourense, 10 de maio de 2016

Vistos os presentes autos número 1538/2015, sobre garda, custodia e alimentos de fillo menor promovidos pola procuradora Sra. López Calvete en nome e representación de María del Carmen Nogueira Salgado, como demandante asistida pola sra. Gómez, fronte a Sagar Sow Sow, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. López Calvete en nome e representacion de María del Carmen Nogueira Salgado fronte a Sagar Sow Sow, e respecto do menor Abdou Sow Nogueira, e acordo as seguintes medidas:

– Atribúeselle á nai a garda e custodia do menor.

– Atribúeselle á nai o exercicio exclusivo da patria potestade.

– Fíxanse como visitas, en atención á idade do menor, as que libremente establezan pai e fillo, atendiendo tamén ao traballo de venda ambulante do pai.

– Suspéndese a obriga de aboamento de pensión de alimentos pola precariedade económica do obrigado ao pagamento.

Todo isto sen especial pronunciamento sobre as custas procesuais.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) perante este tribunal, e deberá constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda y asina SSª. Dou fe».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Sagar Sow Sow, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación de sentenza.

Ourense, 12 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza