Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (989/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 989/2013 por instancia de María Teresa Ciriza Candorcia contra a empresa Carlos Enrique García Aparicio Berea e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 5.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Teresa Ciriza Candorcia fronte á empresa Carlos Enrique García Aparicio Bea con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Carlos Enrique García Aparicio Bea a aboar a María Teresa Ciriza Candorcia a cantidade de tres mil oitocentos corenta e sete euros con noventa e dous céntimos de euro (3.847,92 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

– Condénase a empresa Carlos Enrique García Aparicio Bea ao aboamento das custas, incluídos os honorarios ata un límite de 600 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Carlos Enrique Garcia Aparicio Bea, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2016

A secretaria xudicial