Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (565/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 565/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Sar Marcote contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e José Caldeiro Seguridad, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Estimo parcialmente a demanda interposta por Felipe Sar Marcote contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e José Caldeiro Seguridad, S.L. e, en consecuencia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado por José Caldeiro Seguridad, S.L. con data de efectos do 1 de xuño de 2015 e debo condenar e condeno a José Caldeiro Seguridad, S.L. a readmitir inmediatamente o traballador demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión a razón de 48,31 euros diarios, ou ben, á súa elección, a extinguir a relación laboral do demandante con aboamento dunha indemnización de 3.454,16 euros por despedimento improcedente.

A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.

2. Debo absolver e absolvo a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza