Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe
Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 967/2013 por instancia de Javier Fernández Peón contra a empresa Centro Informativo Profesional Ordes, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 18 de xullo de 2016, que copiada nos particulares necesarios di así:
Decisión:
Estímase a demanda formulada por Javier Fernández Peón fronte á empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L. e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil novecentos oitenta e seis euros con vinte e nove céntimos de euro (2.986,29 euros), e devindican os conceptos salariais os xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Centro Informático Profesional Ordes, S.L., expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 8 de setembro de 2016
A secretaria xudicial