Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44325

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Psicoloxía Educativa: desenvolvemento e aprendizaxe.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25.9.2015 (publicado no BOE do 21 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Psicoloxía Educativa: desenvolvemento e aprendizaxe pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Psicoloxía Educativa: desenvolvemento e aprendizaxe
pola Universidade de Santiago de Compostela

Rama de coñecemento: ciencias da saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

RUCT: 4315196.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

12

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Intervención psicoeducativa para a mellora do proceso de aprendizaxe

3

OB

Optimización dos procesos educativos: estratexias e recursos

Desenvolvemento da carreira: diagnóstico e asesoramento

3

OB

Educación e aprendizaxe na postmodernidade: análise crítica e mellora educativa

3

OP

Creatividade e pensamento diverxente: avaliación e intervención

3

OP

Emprendemento no ámbito psicoeducativo

3

OB

Dificultades de aprendizaxe na lectoescritura e o cálculo: avaliación e intervención

3

OB

Aprendizaxe e diversidade I: dificultades e altas capacidades

Dificultades na linguaxe oral e na comunicación: avaliación e intervención

3

OB

Altas capacidades: avaliación e intervención

3

OB

Avances na avaliación da linguaxe

3

OP

Dificultades neuroevolutivas: repercusións na aprendizaxe

3

OP

Discapacidade intelectual: avaliación e intervención

3

OB

Aprendizaxe e diversidade II: discapacidade e trastornos do desenvolvemento

Trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH): avaliación e intervención

3

OB

Trastornos do espectro autista: avaliación e intervención

3

OP

Atención psicolóxica en síndromes minoritarios e enfermidades raras

3

OP

Discapacidade motora e sensorial: avaliación e intervención

3

OP

Problemas comportamentais na infancia e a adolescencia: avaliación e intervención

3

OB

Dificultades socioafectivas e comportamentais

Risco psicosocial na infancia e adolescencia: avaliación e intervención

3

OB

Intelixencia emocional: avaliación e intervención

3

OP

Técnicas de entrevista na infancia, nenez e adolescencia

3

OP

Proceso de transición da adolescencia á adultez emerxente

3

OP

Prácticas externas

12

OB

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

6

OB