Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44323

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Psicoxerontoloxía para a Universidade de Barcelona, a Universidade de Salamanca, esta universidade e a Universitat de València (Estudi General).

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 29.1.2016 (publicado no BOE do 19 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de febreiro de 2016).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Psicoxerontoloxía pola Universidade de Barcelona, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat de València (Estudi General), que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Psicoxerontoloxía pola Universitat de Barcelona, a Universidade de Salamanca, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat de València (Estudi General)

Rama de coñecemento: ciencias da saúde.

Universidades participantes: Universidade de Barcelona, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela e Universitat de València (Estudi General).

RUCT: 4314476.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

15

Prácticas externas obrigatorias

13

Traballo fin de máster

8

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Carácter

Créditos

Módulo

Envellecemento e desenvolvemento persoal e emocional

OB

3

Psicoloxía do envellecemento

Envellecemento e desenvolvemento social

OB

3

Cambios cognitivos no envellecemento normal e patolóxico

OB

3

Bases psicobiolóxicas do envellecemento normal e patolóxico

OB

3

Bases psicobiolóxicas do envellecemento

Avaliación e intervención funcional e cognitiva

OB

3

Avaliación e intervención no envellecemento

Avaliación e intervención clínica nos trastornos mentais do envellecemento

OB

3

Materias optativas

Avaliación e intervención neuropsicolóxica nas demencias e outros trastornos

OB

3

Avaliación e intervención psicosocial e educativa

OB

3

Competencias en investigación psicoxerontolóxica

OP

3

Bioética e deontoloxía

OP

3

Intervención en demencias

OP

3

Metodoloxías cuantitativas e cualitativas na investigación psicoxerontolóxica

OP

3

Psicoloxía da morte e o dó

OP

3

Nutrición, estilo de vida e saúde no envellecemento

OP

3

Dirección e xestión de recursos en servicios sociais

OP

3

Vínculos afectivos e sexualidade no envellecemento

OP

3

Intervención familiar e coidadores

OP

3

Participación cívica e programas interxeracionais

OP

3

Comunicación e linguaxe no envellecemento. Avaliación e intervención

OP

3

Avaliación psicofisiolóxica no envellecemento

OP

3

Psicoloxía ambiental e accesibilidade ao contorno

OP

3

Educación permanente e envellecemento

OP

3

Prácticas externas

OB

13

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

OB

8