Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44321

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 19 de setembro de 2016

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), para o desenvolvemento do proxecto de investigación «Novas metodoloxías para avaliar o impacto dos contaminantes emerxentes en ecosistemas mariños e o consumidor. Subproxecto 2, referencia CTM2014-56628-C3-2-R».

15.000,00 €

1.6.2016

Convenio específico de colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Comunidade Autónoma de Galicia (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) para o «Control do fitoplancto tóxico nas rías galegas». 2016-2017.

384.000,00 €

12.8.2016

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a «Análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos». 2016-2018.

90.000,00 €

24.8.2016