Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44319

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2016 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia para a realización de actuacións de impulso e divulgación en materia de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética no parque eólico experimental Sotavento.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia para a realización de actividades coa finalidade de impulsar e divulgar as enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética, así como difundir o carácter experimental e de demostración con que están concibidas as instalacións do parque eólico experimental Sotavento, para a divulgación deste tipo de tecnoloxías entre a colectividade.

Sinatura: 26 de agosto de 2016.

Importe: 50.000 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o Instituto Galego de Consumo (IGC) e a Fundación Sotavento Galicia para a realización en concellos galegos e mediante redes sociais dunha actividade formativa práctica centrada no aforro e eficiencia enerxética no fogar, con esencial incidencia en conseguir o maior aforro posible na factura eléctrica.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega, o IGC e a Fundación Sotavento Galicia para a continuación da campaña Dálle luz á túa factura, que se iniciou nos anos 2014 e 2015 coa finalidade de información sobre a facturación de enerxía eléctrica e asesorar os consumidores sobre medidas de aforro de eficiencia enerxética.

Sinatura: 26 de agosto de 2016.

Importe: 145.000 euros.