Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44317

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).

O 22 de abril de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de abril de 2016, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).

Así mesmo, o 22 de abril de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 303889 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 7 de xullo de 2016, o Consello da Xunta de Galicia acordou autorizar a concesión dunha subvención a R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., con NIF A15474281, por unha contía de 3.424.610,80 euros.

O 11 de xullo de 2016, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia. A dita resolución foi notificada á entidade beneficiaria.

Segundo o establecido nos artigos 17.5 e 27.1 das bases reguladoras aprobadas por Resolución do 8 de abril de 2016, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise indicación de que, segundo o establecido no artigo 7 da Resolución do 8 de abril de 2016, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida o 11 de xullo de 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A, DOG núm. 77, do 22 de abril de 2016).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Beneficiaria: R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., con NIF A15474281.

e) Cantidades concedidas:

– Ano 2016: 500.000 €.

– Ano 2017: 1.500.000 €.

– Ano 2018: 1.424.610,80 €.

f) Finalidade da axuda: extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais.