Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43253

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (144/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 144/2014 por instancia de José Manuel Rodríguez Fafian contra Gestión Comercial 2015, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 26.7.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Manuel Rodríguez Fafian fronte á empresa Gestión Comercial 2025, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Gestión Comercial 2025, S.L. a aboar a José Manuel Rodríguez Fafian a cantidade de catro mil oitocentos trinta e seis euros con setenta e cinco céntimos de euro (4.836,75 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gestión Comercial 2015, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

A secretaria xudicial