Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (137/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 137/2014 por instancia de María del Pilar Vázquez Manteiga contra Graublan Ibérica S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 26.7.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por María del Pilar Vázquez Manteiga fronte á empresa Graublan Ibérica, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Graublan Ibérica, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil douscentos dezasete euros con noventa e un céntimo de euro (3.217,91 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 59.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Graublan Ibérica, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

A secretaria xudicial