Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (148/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 148/2014, por instancia de Jesús Carro Vázquez contra Construcciones Mantiñán Fafián, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentenza con data do 27.7.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por Jesús Carro Vázquez fronte á empresa Construcciones Mantiñán Fafián, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones Mantiñán Fafián, S.L. a aboar a Jesús Carro Vázquez a cantidade de catro mil catrocentos noventa e dous euros con setenta e catro céntimos líquidos (4.492,74 euros líquidos).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Mantiñán Fafián, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

A secretaria xudicial