Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1333/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1333/2013 por instancia de Francisco José Villar Rey contra Restauración Bocata Expres, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu auto de aclaracion de sentenza o 19.7.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Auto.

Maxistrado xuíz

Nicolás Emilio Pita Lloveres

A Coruña, dezanove de xullo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 1.7.2016, nos presentes autos ditouse a sentenza pola que se estimaba parcialmente a demanda interposta por Francisco José Villar Rey.

Segundo. A representación da parte demandante presentou escrito do 8.7.2016 en que solicitaba a aclaración da sentenza, en canto aos particulares que se especifican nel, que se dá aquí por reproducido.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co que establece o artigo 267 os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal.

Segundo. A pretensión deducida pola parte demandante para obter a aclaración da sentenza ditada non pode ter acollemento favorable, por canto a petición efectuada excede os límites da aclaración.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

A súa señoría acorda: non procede a aclaracion solicitada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Restauración Bocata Expres, S.L.U. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

O secretario xudicial