Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (21/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 21/2016 por instancia de Juan Carlos García Otero contra Atento Teleservicios España, S.A. sobre sanción, nos que recaeu sentenza do 18.7.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Que se desestima a demanda interposta por Juan Carlos García Otero fronte á empresa Atento Teleservicios España, S.A. confirmando a sanción imposta por esta última ao primeiro comunicada o 14 de decembro de 2015.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da materia, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na Conta de Depósitos e Consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Atento Teleservicios España, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de setembro de 2016

A secretaria xudicial