Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de setembro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 30 de agosto de 2016, ditada no expediente sancionador AC-95/15, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 8 de setembro de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-95/15.

Denunciado: Enrique Pazos García.

DNI: 33275972D.

Establecemento: Entre Pipos.

Enderezo: rúa Fernando III El Santo, 2.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra b), da Lei 7/2011.

Resolución: 30 de agosto de 2016.

Sanción: multa de cento setenta e cinco euros (175 €).