Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de subvención ditado no expediente PE 205B/2009-13-0.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase o acto administrativo á entidade que se sinala no anexo na persoa do seu representante, o acordo de inicio de reintegro da subvención concedida no expediente PE 205B/2009-13-0.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se publique por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

O interesado poderá comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Alimentación Projoscar, S.L.

NIF: B36378974.

Representante: Carlos Manuel Pimenta Chaves (NIF 35318085K).

Número de expediente SXPA: PE 205B/2009/13-0.

Proxecto: mellora da competitividade produtiva e dos efectos nocivos para o medio na granxa mariña de Tragove.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditado con data do 13 de xuño de 2016.

Último enderezo coñecido: Coirón 106, Dena, 36967 Meaño (Pontevedra).