Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia do acordo de aceptación de renuncia aos dereitos outorgados mediante resolución de financiamento cualificado.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acordo deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 1 de setembro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P09-AQ-0071/11.

Interesada: Adela Ruiz de Velasco Fuentes.

DNI: ...234K.

Acto obxecto de notificación: acordo de aceptación de renuncia.