Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42984

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (493/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 493/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mazas Pallas contra Maderas Vilacoba, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Manuel Mazas Pallas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Maderas Vilacoba, S.L. e, en consecuencia:

1º. Debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión de xubilación que corresponde a Manuel Mazas Pallas ascende a 1.051,92 €.

2º. Debo condenar e condeno a entidade Maderas Vilacoba, S.L. a que constitúa, ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o capital custo da diferenza da pensión de xubilación recoñecida e a que lle correspondería percibir, a razón de 350,64 € mensuais.

3º. E debo condenar e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social a se ater a tal declaración e ao aboamento da pensión de xubilación con efectos desde os tres meses anteriores á solicitude de revisión (3.9.2014) na contía do 106 % da base reguladora 1.051,92 €, coas actualizacións, revalorizacións e melloras regulamentarias que sexan de aplicación, e sen prexuízo das accións que puider exercer en relación coas codemandadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Vilacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza