Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (585/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 585/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Cayazzo Barcia e Paula Rodríguez Rosende contra Avidego Real State, S.L.U., sobre reclamación de cantidade –P. ordinario–, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Paula Rodríguez Rosende e María Belén Cayazzo Barcia contra a entidade Avidego Real State, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Avidego Real State, S.L.U. a que aboe a Paula Rodríguez Rosende e a María Belén Cayazzo Barcia as cantidades que se especificarán, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Paula Rodríguez Rosende, a cantidade de 1.363,61 € por salarios devindicados entre novembro de 2014 e xaneiro de 2015, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas.

– A María Belén Cayazzo Barcia, a cantidade de 1.820,31 € por salarios devindicados entre outubro de 2014 e xaneiro de 2015, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Avidego Real State, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza