Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (697/2015).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 697/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Fernández, Fernando Javier Ferreira Rodríguez, Olegario Loureiro Insua contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, ditouse sentenza e auto de aclaración coas seguintes partes dispositivas:

«Resolución:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Ana María Rodríguez Fernández, Fernando Javier Ferreira Rodríguez e Olegario Ferreiro Insua fronte á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., condeno a empresa demandada a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

A Ana María Rodríguez Fernández: 2.088,36 euros.

A Fernando Javier Ferreira Rodríguez: 1.092,44 euros.

A Olegario Ferreiro Insua: 1.491,33 euros.

Estas cantidades, en todos os casos, veranse incrementadas co xuro que por demora recolle o artigo 29.3 do E.T.

Iso, coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que se debe anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, debe consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Parte dispositiva do auto de aclaración: desestimar a solicitude de aclarar a sentenza do 10 de xuño de 2016 ditada neste procedemento.

2. Non variar o texto da devandita resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de agosto de 2016

O letrado da Administración de xustiza