Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de equipamento de cromatografía de gases cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62678

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 24/2016 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de equipamento de cromatografía de gases.

c) División por lotes e número: si.

– Lote 1: un (1) sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuadrupolo con inxector robotizado para a preparación de mostras (GC/MSMS).

– Lote 2: un (1) sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas cuadrupolo simple con módulos para purga e trampa e desorción térmica (GC/MS).

d) Lugar de execucion/entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8.3 do seu cadro de características.

e) Prazo de entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8.1 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38432210-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 334.427,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 334.427,00 €. Importe total: 404.656,67 €.

Lote 1. Importe neto: 177.579,90 €. Importe total: 214.871,68 €.

Lote 2. Importe neto: 156.847,10 €. Importe total: 189.784,99 €.

Esta contratación é financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase no programa operativo no eixe prioritario 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», prioridade de investimento 05.01 «Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas», obxectivo específico 05.01.01 «Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta temperá, de seguimento e avaliación».

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 8.878,99 €.

Lote 2: 7.842,35 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5.1 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 17 de outubro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 7 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio