Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39658

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3065/2015 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3065/2015-MCR

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 669/2014. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Alfredo Acuña Gándara

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Alfredo Briales de Porcioles

Procurador: José Amenedo Martínez

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marcelino Martínez, S.L., Canteras Roygan, S.L., Salperez, S.L.

Avogados: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marcos Castro Álvarez

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3065/2015-MCR desta sección, seguido por instancia de Alfredo Acuña Gándara contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marcelino Martínez, S.L., Canteras Roygan, S.L. e Salperez, S.L. sobre recarga de accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«1º. Estimamos o recurso de suplicación interposto por Alfredo Acuña Gándara contra a sentenza do 13 de febreiro de 2015 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada nos autos número 669/14 en procedemento seguido fronte ao INSS, a TXSS, Canteras Roygan, S.L., Salperez, S.L., José Rodríguez Pereira e Marcelino Martínez, S.L., revogamos en parte a sentenza de instancia en canto ao pronunciamento desestimatorio da demanda realizado respecto de Marcelino Martínez, S.L., e estimamos, en consecuencia, a acción exercida respecto de tal empresa. Condénase a Marcelino Martínez, S.L. como responsable solidaria ―conxuntamente coas demandadas xa condenadas na instancia― da recarga de prestacións imposta en tal resolución na porcentaxe do 50 %. Confírmase a sentenza de instancia no restante. Sen condena en custas.

2º. Desestímase o recurso de suplicación interposto polo INSS. Sen condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Roygan, S.L. e Salperez, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza