Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución sancionadora en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2016/00169).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este non cumpre cun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que é que, para interpoñer recursos, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade e que o remita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5; 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Cómprelle lembrar que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

O secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
P.A. (Orde do 4.12.2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
José Antonio Domínguez Varela
Vicesecretario xeral da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2016/00169

OU-01050-O-2014

7440-BDH

Alquior, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.3.2014; 17.30; OU-P-0 (OU-P-0-Campobecerros); 0,1