Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación solar fotovoltaica no concello de Piñor de Cea (expediente IN408A 2016/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na disposición adicional 5ª do Real decreto 900/2015, do 9 de outubro, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas das modalidades de subministración de enerxía eléctrica con autoconsumo e de produción con autoconsumo, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Gómez Orense, S.L.

Domicilio social: estrada N-525, km 265, Loeda-Piñor de Cea.

Denominación: instalación solar fotovoltaica Gómez, de autoconsumo.

Situación: sobre cuberta da nave de Maderas Gómez, en Loeda-Piñor de Cea.

Características técnicas:

Superficie de 4.000 m2 ocupada con 704 módulos de 245/300 Wp por unidade, constituídos por células fotovoltaicas de silicio policristalino de alta eficiencia, modelos: ZT 220p-250P poly (fase 50 kW) e Waaree WS-300 (fase 150 kW), máis 4 inversores 60.0 TL3 (Kaco de 50 kW). A conexión da instalación fotovoltaica realízase no cadro xeral da rede interior do inmoble.

Orzamento: 205.566 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 1 de xullo de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense