Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0274 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nesta xefatura territorial sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 19.7.2016)
Vicente Jiménez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0274.

Interesado: Banda Tew.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0272.

Interesado: Nicusor Mustafa.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0268.

Interesado: Gheorghe Gigel Spataru.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0265.

Interesado: Nikolai Boldetsov.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0187.

Interesado: Pedro Javier Daviña Astray.

Acto notificado: resolución.