De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nesta xefatura territorial sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 4 de agosto de 2016
A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 19.7.2016)
Vicente Jiménez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0148.
Interesada: Construcciones Vixoy, S.L.
Acto notificado: 1ª multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2015-0175.
Interesado: Stefan Mutuliga.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0008.
Interesado: Dragos Mirel Plesca.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0010.
Interesado: Gheorghe Surdu.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0011.
Interesado: Antonio Barrul Gabarri.
Acto notificado: resolución.
Expediente: CO-RES-2016-0012.
Interesado: Ionut Cociu.
Acto notificado: resolución.