Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2016/84-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Barro 66/20 kV.

Situación: Barro.

Características técnicas: subestación composta por dous transformadores de intemperie 66/20 kV de 12 mVA de potencia cada un, en illamento de aceite e un edificio cuberto donde se instala o parque de 66 kV, o parque de 20 kV, mediante celas blindadas illadas en SF6, e os servizos auxiliares co seu cadro para distribución, baterías, cableados e dous transformadores de servizos auxiliares de 160 kVA cada un, con RT 20 kV/420 V, e a súa protección correspondente.

A instalación está situada no polígono industrial SRAU Outeda-Curro, no concello de Barro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54 do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 5 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra