Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 19 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución desestimatoria da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, regulada na Orde do 12 de agosto de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2015/245-2 e dous máis.

Unha vez intentada a notificación da resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución desestimatoria da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das ditas resolucións como figuran no anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 19 de agosto de 2016

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.a) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Marta Pérez López
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2015/245-2.

Nome: Sonia Martínez Calo.

DNI/NIF: 52932534N.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Juan Luis, 5-5º C, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Contido da resolución: resolución ditada o 4 de xullo de 2016, pola Xefatura Territorial de Lugo, de non concesión da axuda ou subvención solicitada, por acadar unha puntuación inferior á do último expediente concedido, por esgotamento do crédito orzamentario, segundo os criterios regulados no artigo 13.6 da orde de convocatoria.

Nº de expediente: TR341D 2015/695-2.

Nome: Jénifer París Castillo.

DNI/NIF: 53328205Z.

Último enderezo coñecido: r/ Juana la Loca, 73 baixo, 27004 Lugo.

Contido da resolución: resolución ditada o 11 de xullo de 2016, pola Xefatura Territorial de Lugo, de non concesión da axuda ou subvención solicitada, por acadar unha puntuación inferior á do último expediente concedido, por esgotamento do crédito orzamentario, segundo os criterios regulados no artigo 13.6 da orde de convocatoria.

Nº de expediente: TR341D 2015/725-2.

Nome: Catalin Pazargic.

DNI/NIF: Y0828781J.

Último enderezo coñecido: r/ Sarria, 28-2º B, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Contido da resolución: resolución ditada o 8 de xullo de 2016, pola Xefatura Territorial de Lugo, de non concesión da axuda ou subvención solicitada, por acadar unha puntuación inferior á do último expediente concedido, por esgotamento do crédito orzamentario, segundo os criterios regulados no artigo 13.6 da orde de convocatoria.