Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos de expropiación, do modificado do proxecto do Parque Eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra), promovido por AV Serra do Farelo, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-01/11).

Por Resolución do 12 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao Parque Eólico Serra do Farelo, localizado nos concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra), e promovido por AV Serra do Farelo, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-01/11), coas características principais que a continuación se describen:

Características do Parque Eólico Serra do Farelo.

Peticionario: AV Serra do Farelo, S.L.U.

Domicilio social: Vía Faradai, 1, 2º dereita, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela

Situación: concellos de Antas de Ulla (Lugo) e Agolada (Pontevedra).

Zona: 10.

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Serra do Farelo.

Poligonal de delimitación do parque:

UTM X

UTM Y

1

584.000,00

4.734.000,00

2

588.568,13

4.735.700,00

3

586.081,25

4.738.000,00

4

582.400,00

4.738.000,00

Aeroxeradores:

UTM X

UTM Y

SF1

583.500,00

4.737.740,00

SF2

583.635,00

4.737.468,00

SF3

583.700,00

4.737.129,00

SF4

583.824,00

4.736.803,00

SF5

585.219,00

4.735.147,00

SF6

585.343,00

4.734.881,00

Coordenadas da torre de medición:

UTM X

UTM Y

583.570

4.736.924

Potencia instalada: 18 MW.

Produción neta: 64.767 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.598 h.

Orzamento total: 17.063.435,41 € +IVA.

Durante o trámite ambiental, o proxecto de execución experimentou modificacións puntuais como consecuencia das consideracións efectuadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e que foron recollidas finalmente na declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 2.4.2013. Estas modificacións consisten, de forma xeral, no cambio parcial do trazado da pista de acceso ao aeroxerador nº 4, o que supón a implantación de novas infraestruturas (novos tramos de pista), afectando a dous predios que non figuraban na relación de bens e dereitos afectados sometida a información pública mediante a Resolución do 12 de abril de 2012 mencionada ao inicio.

En virtude do anterior, e en cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude formulada por AV Serra do Farelo, S.L.U., en relación coa declaración de utilidade pública das novas infraestruturas mencionadas.

De acordo coas normas referidas no parágrafo anterior, constitúe o obxecto desta información pública a relación de novos bens e dereitos afectados polo proxecto de referencia para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación correspondente permanecerá exposta ao público e poderá examinarse, durante o prazo dun mes contado a partir da última publicación desta resolución ou da súa notificación individual, nas dependencias desta dirección xeral (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta, 15781 Santiago de Compostela), das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) e de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43-5º, 36003 Pontevedra) e nos concellos de Antas de Ulla e Agolada.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo e nas dependencias referidas no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de novos bens e dereitos afectados polo proxecto
do Parque Eólico Serra do Farelo

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Apelidos e nome

Enderezo

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes
de paso

Servidume de voo

Vía/Parroquia

Concello

CP

Provincia

Concello

Pol.

Parc.

Zap.

Plat.

T. meteo

Sub.

Vial

Sistema

colector

Seco Montouto, José Manuel

Rúa do Parque, nº 20

Silleda

36570

Pontevedra

52

Agolada

163

503

A Forte

Matogueira

1042

Hernández Egido, Juan José

R/ Donostia, nº 64-2º C

Victoria-Gasteiz

01010

Álava

53

Agolada

164

503

A Forte

Matogueira

1127

Hernández Varela, M. Teresa

R/ Donostia, nº 64-2º C

Victoria-Gasteiz

01010

Álava

Hernández Varela, Roberto

R/ Zarautz, nº 22-2º A

Victoria-Gasteiz

01010

Álava

Hernández Varela, Marta

R/ Donostia, nº 64-2 ºC

Victoria-Gasteiz

01010

Álava

Hernández Varela, Laura

R/ Dulzaina, nº 6-2º dta.

Victoria-Gasteiz

01006

Álava

Varela Fernández, Manuel

Pza. Dantzari, nº 4-4º esqda.

Victoria-Gasteiz

01006

Álava