Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38083

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (549/2015).

Begoña Acha Barral, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de reforzo de Familia de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de María Becerra Vilas fronte a Gregorio López Teixeira ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 107/16.

En Vigo o 23 de febreiro de 2016.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza do Xulgado de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os presentes autos sobre divorcio número 549/2015, seguidos por instancia de María Becerra Vilas, representada procesualmente pola procuradora Sra. Valencia Ulloa e asistida do letrado Sr. Moreiras Garabatos, fronte a Gregorio López Teixeira, en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Valencia Ulloa, en nome e representación de María Becerra Vilas, fronte a Gregorio López Teixeira, declarado en situación de rebeldía procesual, procede declarar a disolución por divorcio do matrimonio canónico contraído por ambos os litigantes o día 25 de maio de 1980 en Vigo, inscrito no tomo 8, páxina 185, da Sección Segunda do Rexistro Civil desta cidade, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non se efectúa imposición expresa das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, con apercibimento de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, nos termos e prazos establecidos no artigo 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Firme que sexa esta resolución, expídase testemuño desta ao encargado do Rexistro Civil de Vigo co fin de que practique as oportunas anotacións.

E, encontrándose o devandito demandado, Gregorio López Teixeira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza