Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37697

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 183/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 183/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 483/2015. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Ana María Moreno Lugrís

Recorrido: Construcciones Javier Sueiro, S.L. (BOP)

Recorridos: INSS e TXSS

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 183/2016 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Construcciones Javier Sueiro, S.L., o INSS e a TXSS, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«A sala acorda:

Rectificar o erro material que comete a resolución da sentenza de suplicación recaída nos presentes autos, de modo que a resolución quedará redactada nos seguintes termos: “Que debemos estimar e estimamos o recurso interposto pola Mutua Gallega contra a sentenza do 23 de setembro de decembro do ano 2015 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en proceso promovido pola demandante Mutua Gallega contra a empresa e outros e, revogando a sentenza impugnada, declaramos a responsabilidade empresarial en relación coa prestación de lesións permanentes invalidantes, e condenamos esta a aboar á Mutua Gallega o importe correspondente á devandita prestación recoñecida ao traballador accidentado, con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS para o suposto de insolvencia empresarial da entidade Construcciones Javier Sueiro, S.L.”.

Contra este auto non cabe recurso ningún, salvo os que procedan contra a sentenza que este auto aclara e complementa.

Así por este auto, acórdano, mándano e asínano comigo, secretario da sala, que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Javier Sueiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza