Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 55/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 55/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Aurelio Pereiras Míguez contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes Y Servicios de Encofrado, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Resolución estimando a demanda interposta por Aurelio Pereiras Míguez fronte ás empresas Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrados, S.A. condeno as empresas demandadas a que aboen ao demandante a cantidade de 9.267,01 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora.

Iso coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que poden proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza