Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37701

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (ETX 110/16).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 110/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rafael Ocampo Piñeiro contra a empresa Ángel Martínez Pérez, sobre despedimento, foi ditada a resolución que ten a parte dispositiva seguinte:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza de data 23.5.2016 a favor da parte executante, Rafael Ocampo Piñeiro, contra Ángel Martínez Pérez, parte executada, coa intervención do Fogasa polo importe de 31.628,70 euros en concepto de principal, máis outros 3.933,89 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir Ángel Martínez Pérez, a fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, se non presentar a relación dos seus bens, incluír nela bens que non sexan seus, excluír bens propios susceptibles de embargo ou non desvelar as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Martínez Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza