Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37089

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (976/2015).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditouse a seguinte resolución:

Sentenza nº 147/2016.

Vigo, 18 de xullo de 2016.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, estes autos de xuízo verbal que co número 976/2015 se seguen por instancia de Manuel Río Fernández e de María del Pilar Fernández Novas, representados polo procurador José Ramón Curbera Fernández e dirixidos polo letrado Carlos E. Borrás Díez de Rábago, contra Francisco Antonio Muiños Roza, declarado en situación procesual de rebeldía, e de Carmen Trigo Fernández, declarada tamén en situación de rebeldía, os cales teñen por obxecto unha pretensión de responsabilidade extracontractual.

Resolvo:

Estimo parcialmente a demanda formulada por Manuel Río Fernández e María del Pilar Fernández Novas contra Francisco Antonio Muíños Roza e Carmen Trigo Fernández, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Francisco Antonio Muíños Roza a aboarlles a Manuel Río Fernández e a María del Pilar Fernández Novas a cantidade de 177,27 euros, así como a efectuar as reparacións precisas para evitar a produción das filtracións na vivenda dos demandantes, consonte o establecido no informe pericial emitido por P. Freire Peritaciones, S.L. Todo iso coa condena do Sr. Muíños Roza a pagar as custas procesuais.

2º. Rexeito a pretensión formulada contra Carmen Trigo Fernández, sen que proceda efectuar os pronunciamentos solicitados, e absólvoa, con imposición de custas á parte demandante.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da codemandada Carmen Trigo Fernández e para que lle sirva de notificación, expídese este edicto.

Vigo, 20 de xullo de 2016

O letrado da Administración de xustiza