Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37087

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 877/2016-PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 877/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 186/2015 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Eulen Seguridad, S.A.

Avogado: José Miguel Orantes Canales

Recorridos: Gas Natural SDG, S.A., Falcon Contratas Seguridad, S.A., Armando Nogueira López

Avogados: María del Carmen Pereira Saez, (…), María Dolores Rodríguez Amoroso

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 877/2016 desta sección, seguido por instancia de Eulen Seguridad, S.A. contra a empresa Gas Natural SDG, S.A., Falcon Contratas Seguridad, S.A., Armando Nogueira López, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Eulen Seguridad, S.A. contra a sentenza ditada o 10 de xuño de 2015 polo Xulgado do Social número 5 da Coruña en autos número 877/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de Armando Nogueira López contra a recorrente e contra a entidade Falcon Contratas y Seguridad, S.A e Gas Natural SDG, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

En canto a aseguramentos, depósito e custas obsérvese o razoado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza