Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) convocouse procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base oitava, décimo novena e vixésima da citada orde, os aspirantes seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios en prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro

Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo da Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Segundo

Nomear funcionarios en prácticas a Fernando Eijo Díaz, Adela Guinarte Varela, Alicia Elena Gómez Pérez, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas, e a Ana Belén Marcos Gómez, que non completara a fase de prácticas.

Terceiro

Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Santiago Eduardo Pato Rodríguez (DNI 34998685E), da especialidade de Idioma estranxeiro: Inglés, que superou o procedemento selectivo no corpo de mestres.

Cuarto

O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2016 ou desde a súa toma de posesión, se esta é posterior.

Quinto

O persoal aspirante ao corpo de inspectores de Educación fará as prácticas na sede da inspección que se publicará na páxina www.edu.xunta.es/cadp tomando posesión con efectividade do 1 de setembro de 2016.

Sexto

O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Sétimo

Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lles corresponda, deberán formular opcións para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo).

Oitavo

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria