Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (422/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 422/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 201 contra Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., Juan Carlos Pereiro García, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta Mutua Gallega de Accidentes contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. e Juan Carlos Pereiro García, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra esta articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza