Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (201/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 201/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio López Mato contra Pinturas Cambre, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 369/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 201/2016

Demandante: José Antonio López Mato

Letrado: Sr. Pérez López

Demandada: Pinturas Cambre, S.L.

Letrado: (…)

Fogasa

Letrado: (…)

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio López Mato fronte a Pinturas Cambre, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, o prazo de aviso previo non concedido e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no apartado anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.917,31 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 48,22 €/día.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRJX, cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pinturas Cambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza