Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015459AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 17 de xuño de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2015459AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Tito Castro Guerra como titular do establecemento Café Bar Duende.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Tito Castro Guerra, como titular do establecemento Café Bar Duende, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesadop, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015459AL-PO.

Denunciado: Tito Castro Guerra, como titular do establecemento Café Bar Duende.

Documento de identificación: 76808631Q.

Último enderezo coñecido: rúa Calzada, 2, 36500, Lalín.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3, 4.2 e 6.1 e capítulo I, puntos 1, 2.d) e 5; capítulo II, puntos 1.a), b) e f) e 3, e capítulo XII, punto 1, do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 14.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 4.1 e 5 do Decreto 204/2012 polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

Tipificación: impútanselle tres infraccións graves, segundo o artigo 42.d) e e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e unha infracción leve, segundo o artigo 41.a) da mesma Lei 8/2008.

Sanción imposta: nove mil cento quince euros e vinte e un céntimos de euro (9.115,21 €).

Así mesmo, levántase a medida cautelar acordada con data do 10.11.2015 (SC 30/15 RES) de suspensión temporal da actividade de elaboración de comidas do establecemento.