Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016002SA, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 1 de xullo de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2016002SA incoado a María José Vázquez González.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do citado artigo, notifícaselle a María José Vázquez González o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictis único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2016002SA.

Denunciada: María José Vázquez González.

DNI/CIF: 34978672L.

Último enderezo coñecido: Bouzoa, San Xoán, Taboada. Lugo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 35.b.1) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

– Artigo 42 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

– Anexo do Regulamento (UE) nº 37/2010 da Comisión, do 22 de decembro de 2009, relativo ás substancias farmacoloxicamente activas e á súa clasificación, polo que se refire aos límites máximos de residuos nos produtos alimenticios de orixe animal.

– Anexo I e artigo 24.3.1ª do Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e aos seus residuos nos animais vivos e os seus produtos.

– Artigo 2.1.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 €.