Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación do expediente sancionador 2016180TA-CO ao expediente 2016118TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 5 de xullo de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación do expediente sancionador 2016180TA-CO ao expediente 2016118TA-CO, incoados ambos os dous a Vazrogar, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Vazrogar, S.L. o contido do dito acordo de acumulación que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 26 de xullo de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016180TA-CO.

Interesada: Vazrogar, S.L. (Cafe Bar Caiman).

DNI/NIF/CIF: B70434873.

Último enderezo coñecido: Sinagoga, 10 baixo, 15001 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.