Ante o resultado negativo de dous intentos de notificación no domicilio sinalado pola empresa interesada, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 6/2015.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), pero entenderase que a notificación é efectiva o día da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada deberá facer efectiva a sanción e cesar voluntariamente na prestación do servizo, o que será obxecto de comprobación posterior por parte da autoridade competente. Así mesmo, poderá recoller os impresos para o pagamento da multa nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O prazo de pagamento en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. De non realizar o ingreso no prazo indicado, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992.
Expediente: SXMEDIOS 6/2015.
Denunciado: Faustino Louzao Pan.
Resolución: 26 de febreiro de 2016.
Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.
Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.
Sanción que se vai executar: 100.001 euros e cesamento de emisións.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016
Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios