Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xuño de 2016, polo que se autoriza a transmisión da titularidade das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Vigo (100.6 Mhz), Viveiro (90.2), A Coruña (93.4) e Ribadavia (96.6 Mhz), das que é titular titular Antena 3 de Radio, S.A. a favor de Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 16 de xuño de 2016,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 16 de xuño de 2016 que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da titularidade das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Vigo (100.6 Mhz), Viveiro (90.2), A Coruña (93.4) e Ribadavia (96.6 Mhz) das que é titular titular Antena 3 de Radio, S.A. a favor de Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.».

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios