Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xullo de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00625-O-2016 e catorce máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00625-O-2016 e outros catorce máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 15 de xullo de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00625-O-2016

1160-FTZ

Samper Martínez, José Ramón

38821104W

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

8.3.2016; 16.48; A-6; 479,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-00878-O-2016

LU-5609-L

Hermanos Moreira Caloto, S.L.

B27157080

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

26.4.2016; 1.30; LU-021; 3,1

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-00919-O-2016

1232-CCL

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

21.4.2016; 7.31; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

LU-00968-O-2016

9371-HGR

Susana Mercedes Posse Parada

47350270D

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

12.5.2016; 17.20; A-6; 484,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00996-O-2016

2551-HHK

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

8.5.2016; 17.05; A-6; 493,0

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00997-O-2016

2551-HHK

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

8.5.2016; 17.05; A-6; 493,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00998-O-2016

2551-HHK

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas
8.5.2016; 17.05; A-6; 495,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-00999-O-2016

2551-HHK

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

8.5.2016; 17.05; A-6; 495,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01041-O-2016

BI-2516-CP

Maquinaria Agrícola JM Varela, S.L.

B15780174

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior a 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

5.5.2016; 8.18; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

LU-01043-O-2016

0810-CJH

Violeta Geta Mecic

X8965720K

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.

12.5.2016; 16.17; N-VI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

LU-01112-O-2016

LU-2866-S

Losada y Veiga, S.A.

A27035153

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

9.5.2016; 18.35; LU-P-2703; 2

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

LU-01181-O-2016

C-1705-BM

Roberto Fernández Orjales

32707815K

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

31.5.2016; 8.35; AG-64; 55,9

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01223-I-2016

1643-JBR

José Martínez Lluch

22533239R

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 27 %.

24.5.2016; 12.05; A-6; 455

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.400 euros

LU-01236-O-2016

1468-JLF

Xertigan Soc. Coop. Gallega

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

3.6.2016; 11.34; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01258-O-2016

0345-DTY

Transportes Especiales Doble A, S.L.

B86480316

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

15.6.2016; 15.10; A-8; 593,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros