Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 93/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delmiro Grandío Cortes contra a empresa Relieve Pontevedra, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

A anterior notificación foi remitida do Servizo Común de Notificacións e Embargos de Pontevedra, con resultado negativo, acordo:

Suspéndese a comparecencia sinalada para o día de hoxe ás 9.30 horas.

Que se proceda á indagación domiciliaria integral da entidade executada, Relieve Pontevedra, S.L., a través do punto neutro xudicial.

Visto o resultado da indagación domiciliaria e non constando outro domicilio da entidade executada, sinálase nova data para a comparecencia e fixo o próximo día 8 de setembro ás 9.45 horas.

Cítense as partes e a entidade executada por medio de edictos publicados no DOG.

Cítese e déase traslado ao Fogasa.

E para que sirva de notificación en legal forma a Relieve Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza