Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (251/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rafael Sánchez Francesena contra Benjamín Osorio Ogando, Antonio Rios Ferrol, Benjamín Rios y Otro, S.C., Francisco Rios Ferrol, con intervención do Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 251/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar en calidade de demandante a Rafael Sánchez Francesena, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20 de setembro de 2016, ás 13.00 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que, no caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a súa suspensión, se terá por desistido da súa demanda.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Rafael Sánchez Francesena, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza