Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 345/2014).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 345/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Javier Gende García contra a empresa Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, Darío Fernández Fernández, Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A. de Seguros y Reaseguros, Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Inizia Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L., administrador concursal Carlos Álvarez Fernández, Mantenimientos Industriales Palacian-Ara, S.L. (Mipar, S.L.), Grupo Ingemetal Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Markel International Insurance Company, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Ángel Javier Gende García, fronte á empresa Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros, Inizia Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L., Markel International Insurance Company Limited, Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A., Grupo Ingemetal Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Mantenimientos Industriales Palacin-Ara, S.L. (Mipar, S.L.), con intervención da administración concursal de Govisa, S.L. e de Gruinsa, S.A., e condeno as demandadas a que aboen ao demandante, de forma solidaria, a cantidade de 83.939,73 euros.

Absolvo a Mantenimientos Industriales Palacin-Ara, S.L. (Mipar, S.L.) e a Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A. da pretensión deducida fronte a elas.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 192 e seguintes da LRXS, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimientos Industriales Palacian-Ara, S.L. (Mipar, S.L.), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza