Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se someten a información pública a solicitude de modificación substancial e o procedemento de revisión para a planta de fabricación de clínker e cemento de Cementos Cosmos, S.A. de Oural, no concello de Sarria (expediente 2016-IPPC-M-36).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013) e da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico para a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de clínker e cemento de Oural, de xullo de 2016 e

– Resumo. Proxecto básico para a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de clínker e cemento de Oural, de xullo de 2016.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-M-36.

Peticionaria: Cementos Cosmos, S.A.

CIF: A28013704.

Domicilio social: rúa do Brasil, 56, 36204 Vigo (Pontevedra).

Localización da instalación: estrada de Oural, 27392 Sarria (Lugo).

Actividade: fabricación de clínker e de cemento.

Descrición da modificación: consiste en ampliar a gama de residuos que se van empregar tanto como materias primas como combustibles alternativos e aumentar a cantidade máxima de toneladas e a taxa de substitución térmica autorizada.

Verteduras: o proceso de fabricación da planta non xera augas residuais, polo que as únicas verteduras que se van considerar son as de augas pluviais e sanitarias. A modificación non supón cambios respecto da situación actual.